Aula Activa Do Mar "Santiago Gallego Picard"

Que vou atopar alí?
RED REMA - Ola azul cielo

A Aula Activa do Mar “Santiago Gallego Picard”, complemento do museo do mar, xurde como unha experiencia de educación ambiental non formal. Consta dunha exposición permanente centrada no medio mariño nas súas singularidades e problemáticas e dispón dun aulario para a realización de obradoiros, actividades…

A finalidade principal no só ven ser o coñecemento do medio ambiente, senón tamén lograr que as persoas aprendan a valorar o medio como indispensable para a vida e, polo tanto, merecente do máis profundo respecto. Promóvese, en fin, unha visión da natureza e das súas fontes de riqueza como esgotables e necesitadas de ordenamento sustentable.

Os nosos espazos:

  • Aparellos e artes de pesca e marisqueo (pequena mostra de diversas artes e aparellos de marisqueo a pé e a flote)
  • Lixo á praia (mostra de materias de refugallo arribados ás nosas costas)
  • Museo cada seis horas (onde se dan a coñece-los movementos e interaccións físicas e biolóxicas das mareas)
  • Rianxo na Rede Natura 2000 (introdución a esta figura de protección e maqueta do concello de Rianxo)
  • Laboratorio da nasa (simula unha nasa -aparello de pesca- xigante, e nela realízanse as experiencias prácticas).
  • Dioramas da costa. (os tres tipos de costa más habituais das nosas rías -rochosa, areosa e marisma ou esteiro- coas súas peculiaridades supralitorais, mesoliotorais e infralitorais).
  • O Faro (espazo de proxección)
  • Ponte de navegantes (simula a ponte dunha embarcación pesqueira; expóñense diversos aparatos de navegación, gálibos e onde se desenvolven propostas vinculadas coas novas tecnoloxías).

Os nosos servizos:

A A.A.M “Santiago Gallego Picard”, ademais da visita independente no seu horario de funcionamento, atende visitas guiadas, tanto para grupos organizados como para escolares ou visitantes individuais (en calquera dos casos é preciso concertara a cita previamente por teléfono). Asemade, e dependendo das épocas do ano, desenvolve programas e campañas de sensibilización, así como obradoiros ambientais dirixidos a nenos e nenas e mozos e mozas e saídas de observación.

Galería de fotos Aula Activa do Mar de Rianxo
Datos de interese
RED REMA - Ola azul cielo

Aula Activa do Mar “Santiago Gallego Picard”

De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Rúa dos Mestres s/n
15920 RIANXO (A Coruña)
Telf. 881863413
aulaactiva@concelloderianxo.gal