Guía de museos

Xa coñeces os museos da Rede REMA?

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia impulsaron e promovido conxuntamente a creación da primeira rede centrada no patrimonio material e inmaterial do mar, apoiada pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea. O seu obxectivo é que o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar sirva de nexo de unión entre os diferentes pobos do arco atlántico de Europa. Actualmente, a rede está composta por espazos das costas galega, asturiana e portuguesa, cun interese común por preservar a cultura mariñeira do arco atlántico europeo e a súa historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, persoal investigador e público en xeral.

Esta guía contén información dos elementos patrimoniais máis relevantes que se poden atopar en cada espazo e está orientada tanto desde o punto de vista dos visitantes como o dos seus actuais xestores culturais. Ademais, poderase obter máis información a través do smartphone, enfocando co móbil o código QR que se atopa no índice dos museos recollidos en cada GALP.

DESCARGA A GUÍA DE MUSEOS ATLÁNTICOS