Noticias

Máis de 40 colexios galegos participarán no Escape Room cultural da Rede REMA 360

By 5 Marzo, 2021 Marzo 12th, 2021 No Comments

A organización abre un prazo extraordinario de inscrición ata o 15 de marzo tras o éxito de participación

A actividade, gratuíta e que permite aprender xogando, está aberta ao alumnado de 1º e 2º da ESO

O escape room pretende reivindicar a figura da muller, fomentar o respecto polo medio ambiente e promover o patrimonio mariñeiro atlántico europeo

 

Vigo (Pontevedra), 5 de marzo de 2021. Rema 360 é unha competición en liña en formato escape room entre colexios galegos. Os participantes enfróntanse a un xogo a través dunha páxina web que ofrece imaxes en 360º, entre outros recursos audiovisuais. Os participantes terán que recompilar información para resolver un misterio. Por agora, participarán un total de 40 colexios galegos, pero a organización abre a porta a outros centros e amplía o prazo de inscrición ata o 15 de marzo. Para iso, é necesario enviar un correo electrónico a rema360@redrema.eu.

O alumnado realizará un percorrido polos 27 espazos con contido museístico da Rede REMA. O personaxe protagonista do Escape Room está inspirado en Cristina Fernández, a segunda farera de España, xa xubilada, e que pasou parte da súa vida no Faro de Cabo Vilán, en Camariñas (A Coruña). O seu obxectivo no xogo é facer funcionar de novo a todos os faros da costa atlántica europea aos que, por un estraño motivo, apagóuselles a súa luz.

A actividade de escape room pretende poñer en valor o papel da muller: “cando se fala do traballo no mar adoitamos pensar sempre na figura do mariñeiro, pero o certo é que se trata dunha actividade na que hai moitas mulleres: mariscadoras, percebeiras, rederas, fareras… por iso, o xogo da Rede REMA é unha forma de darlle á figura da muller o reconcomiento e o valor que se merece dentro deste sector”, destaca a Xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, Elena Hervello.

Por outra banda, o xogo pretende promover o patrimonio mariñeiro atlántico europeo e fomentar o respecto polo medio ambiente.

 

PASAPORTE REMA

Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) e promovido pola Consellería do Mar. O obxectivo é desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada a unha nova realidade. Para iso, o proxecto pon en marcha unha serie de actividades informativas, formativas e culturais que se apoian nas novas tecnoloxías, como nova canle de aprendizaxe, entretemento, formación e promoción da oferta cultural dos espazos que compoñen a Rede REMA.

 

Red REMA  www.redrema.eu

Correo electrónico: info@redrema.eu T. 630 536 428

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.