Situado no Castelo de San Carlos (S. XVIII) e moi preto do porto de Fisterra, o Museo da Pesca inclúe unha colección permanente dividida en tres exposicións: «A pesca a través da historia», «Pobos e casas mariñeiras» e «As artes de pesca».
Entre o seu patrimonio pódense atopar apeiros do día a día dos traballadores do mar ou reproducións de embarcacións.