Situado nunha antiga sé militar no barrio de Canido (Ferrol), mostra parte das súas coleccións, feitas segundo o principio de respecto ao medio, en dúas salas de Medio terrestre e Medio Mariño. O andar inferior ofrece exposicións temporais, un auditorio, unha aula laboratorio e unha Biblioteca da Natureza especializada.
Os fondos da Sociedade Galega de Historia Natural ábrense ao público por un convenio co concello de Ferrol. Ao longo do ano fanse actividades de ciencia cidadá e divulgación ambiental.