Este museo achéganos ao ámbito profesional dos mariñeiros a través dos seus instrumentos de traballo e do seu universo devocional. Neste espazo tamén teñen cabida os naufraxios, as salazóns e a memoria oral da xente de Porto do Son.
Un dos seus atractivos máis destacados é un documental filmado hai máis de medio século que nos transporta a un porto, o de O Son, que tiña na pesca e na conserva a súa base fundamental.