Proxectos nos que participa

Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) de Galicia promoven e impulsan conxuntamente o proxecto de cooperación “Pasaporte REMA“, apoiado pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

PROXECTO PASAPORTE REMA

O proxecto “Pasaporte REMA” nace, por un lado, co obxecto de dar un forte impulso a conservación e difusión do patrimonio inmaterial ligado a cultura mariñeira atlántica exposta nos espazos con contido museístico localizados nos territorios dos GALP Galegos, configurando novos contidos culturais que permitan explotar o atractivo común e conectar co público mais mozo. Para iso, traballará en potenciar fórmulas apropiadas para difundir a cultura mariñeira dunha maneira atractiva, interactiva e divertida que permita que os visitantes desfruten mentres se impregnan do acervo mariñeiro cultural atlántico. E por outra banda, introducir a tecnoloxía como medio para compartir e organizar, dun modo moito máis rápido, sinxelo e barato os recursos culturais dos que dispoñen os diferentes espazos galegos con contido museístico de temática mariñeira.

No proxecto vanse a desenvolver as seguintes actividades ata outubro do ano 2021:

RED REMA - Ola azul cielo

Deseño do selo “Remiña”

O principal obxectivo do selo Remiña e converter nun centro de “peregrinaxe” os diferentes espazos con contido museístico mariñeiro localizados nos diferentes GALP Galegos, para todas aquelas persoas que queiran coñecer, aprender e participar e porque non desfrutar da “cultura mariñeira atlántica”.

Para elo, elaborase unha miniguía onde se recolla a información de interese dos 27 espazos que actualmente conforman a Rede REMA, e por outro, deseñarase un selo ao estilo “compostelá” que sirva de acreditación polo paso por cada un destes espazo. Entre aquelas persoas que visiten un maior número de espazos sortearase cestas de produtos mariñeiros.

RED REMA - Ola azul cielo

Deseño de novos contidos culturais na Rede REMA

Esta actividade terá por obxecto completar os contidos culturais, realizados en paneis informativos, da exposición de temática mariñeira O océano que no une”. A exposición ten por obxecto mostrar os contidos culturais mariñeiros máis relevantes dos espazos con contidos museístico localizados en cada GALP e pertencentes a Rede REMA.

RED REMA - Ola azul cielo

REMA 360º

Esta actividade ten como obxecto o desenvolvemento dunha unidade didáctica, dirixida a centros educativos localizados nos territorios dos galps galegos, sobre cultura mariñeira atlántica en formato “Escape Room Virtual” que percorra os 27 espazos con contido museístico que conforman actualmente a Rede REMA. Esta actuación promocionarase mediante un concurso entre os diferentes centros educativos localizados nos territorios dos GALP galegos, sendo os vencedores os que consigan resolver nun menor tempo o escape room virtual.

Para a realización de esta actividade será necesario levar a cabo gravacións dixitais en contorna 360º dos principais contidos de cada espazo pertencente a Rede REMA. Todos estes novos contidos dixitais quedarán a disposición dos membros que compoñen a Rede. Ademais as persoas que visiten cada un dos espazos poderán acceder, a través do seu telefono móbil ou tableta, a plataforma virtual de escape room pudendo así coñecer dunha maneira diferente os diferentes membros que compoñen a Red REMA.

INFORMACIÓN REMA 360º
RED REMA - Ola azul cielo

Realización de seminarios específicos para a Rede REMA

Organizaranse tres seminarios que teñan por obxecto tanto a difusión de coñecementos como un espazo de debate e reflexión de novas fórmulas para a xestión dos espazos con contido museístico e mostra e difusión de contidos culturais dunha forma mais atractiva, tanto a poboación local como a turistas e visitantes.

RED REMA - Ola azul cielo

Posta en marcha dunha exposición de carácter temporal itinerante que transite por todos os GALP galegos

Co obxecto de ampliar a oferta cultural mariñeira dos diferentes espazos con contido museístico localizados nos territorios que compoñen os GALP galegos, realizarase exposicións de carácter temporal que percorrerán unha localización de cada GALP.

RED REMA - Ola azul cielo

Promoción e difusión do proxecto

Para a promoción e difusión do proxecto, contarase con redes propias en Facebook, twitter e Instagram, realizaranse microvideos da principal oferta cultural mariñeira existente.

Ademais o proxecto difundirase a través da web da Rede Rema: www.redrema.eu, xerando contidos específicos para elo.

Por último, realizarase una xornada de presentación de resultados ao finalizar o proxecto.

Polo tanto, coa implementación do proxecto Pasaporte REMA lograrase os seguintes resultados concretos:

1. Deseño e impresión de miniguias con información dos espazos museísticos que compoñen a Rede REMA.

2. Entrega de cestas de regalo de artigos artesanais mariñeiros para as persoas que completen un determinado número de visitas os espazos que compoñen a Rede Rema

3. Deseño e impresión de novos paneis destinados a completar exposición “O océano que nos une

4. Desenvolvemento dunha plataforma de escape room virtual baseada nos membros da Rede REMA.

5. Deseño e elaboración dun escape room portátil, onde se incorpora a tecnoloxía da Realidade Aumentada.

6. Celebración de exposicións temporais itinerantes entre os 8 GALP galegos

7. Realización de microvideos da Rede REMA

8. Difusión en medios dixitais (redes do proxecto e web da Rede REMA)

9. Celebración dunha xornada de presentación de resultados