Que é REMA?

A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada de contidos relacionados coa cultura mariñeira. O seu obxectivo é poñer en valor o patrimonio material y inmaterial ligado ao mar.

REMA está formada por espazos cun interese común por preservar a cultura mariñeira e a historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, investigadores e público en xeral.

A adhesión a REMA é completamente gratuíta e inclúe as seguintes vantaxes:

  • Identificación co selo da Rede REMA e imaxe conxunta.
  • Promoción dos espazos museísticos a nivel internacional.
  • Incremento da oferta e viabilidade de todos os museos.
  • Posibilidades de ampliar a rede de contactos e a cooperación en proxectos.

Condicións de adhesión

Os museos que desexen formar parte da rede REMA deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser un museo ou exposición permanente de titularidade privada ou pública
  • Amosar fondos de patrimonio marítimo atlántico ou elementos vinculados ao Atlántico
  • Disposición a participar en exposicións itinerantes, eventos, promocións…
  • Esta localizado na costa atlántica europea
  • Comprometerse a cumprir coas normas de REMA e defender o interese público

Procedemiento de adhesión

Para formar parte da rede REMA, os museos interesados deberan enviar a seguinte documentación escaneada a info@redrema.eu:

  • Formulario de solicitude de adhesión. Dispoñible aquí.
  • Número de identificación fiscal do museo ou do concello do que depende.
  • NIF do representante legal do museo ou cargo do concello responsable da súa xestión.
  • Acta fundacional do museo ou documento análogo.
  • Memoria de carácter técnico na que se especifique:
    • Localización do museo.
    • Inventario dos fondos museísticos dos que dispón.
    • Relación de actividades desenvolvidas nos últimos 5 anos.
    • Relación de actividades que lle gustaría desenvolver grazas á súa pertenza á rede.
    • Fondos museísticos que estaría disposto a ceder, ademais de indicar en que época do ano os cederían.

Neste documento podes consultar os criterios de adhesión ao Programa e o Regulamento de uso da etiqueta da Rede REMA.

Exposicións

RED REMA - Ola azul cielo

"O océano que nos une"

De xuño a novembro de 2019, a exposición itinerante “O océano que nos une” percorrerá os museos adheridos á rede nunha primeira fase. A través de dez paneis informativos, amósansen os elementos máis significativos destes espazos conectados ao mar mediante diferentes temáticas, como a pesca, a historia, a etnografía ou o medio ambiente.

Para máis información, podes descargar unha versión dixital do folleto: