Campeonato Escape Rema 360º

REMA 360º, un escape room virtual dirixido aos alumnos de 1º e 2º da ESO, nace co obxectivo de poñer en valor a cultura mariñeira e potenciar os espazos museísticos atlánticos entre os máis novos.

Un escape room virtual e físico para aprender da nosa cultura mariñeira.

Se es un colexio galego e queres participar nunha actividade nova e totalmente gratuíta onde aprender xogando, ten presente a seguinte información que vos adiantamos e…

Engádea á túa axenda de actividades!

Tráiler do xogo REMA 360

Webminar explicativo da mecánica do xogo REMA 360

Vídeo introdutorio REMA 360

Formato da actividade

RED REMA - Ola azul cielo

Cales son as fases?

A actividade está dirixida a alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (1º e 2º ESO).

A fase online poderase realizar desde os propios colexios, simplemente accedendo desde un computador con conexión a internet. O xogo entra dentro da categoría de estratexia e habilidade. Os participantes deberán ir percorrendo 27 espazos museísticos da rede REMA, tratando de descubrir un misterio que estivo oculto durante moito tempo. Para iso, deberán atopar pistas, resolver enigmas… aprendendo aspectos da nosa cultura mariñeira que lles permitirán avanzar na trama. O colexio gañador, e os seus representantes, serán obsequiados cun premio.

Debido á situación sanitaria, propúxose cambiar o formato escape room físico a unha Gran Final nun escape room en liña en directo para os equipos ou colexios que pasen á final. A data proposta aproximada é en outubro de 2021. Os xogadores/colexios clasificados, deberán conectarse ese día, momento no que se desbloqueará o xogo para todos, e poderán xogalo de maneira individual cada un no seu computador, incluíndo unha conta atrás (60 minutos), e un sistema de puntuación. Cada xogador/colexio/equipo, obterá unha puntuación final, e establecerase a clasificación definitiva.

É xogable en web, pois se lle dá un código de acceso aos finalistas. En continuación da “historia” e trama da fase previa virtual, e seguindo o estilo gráfico e os personaxes protagonistas, establecerase unha aventura final nun escenario novo, que deberán percorrer en 2D, no que poderán recoller obxectos, usalos en diferentes zonas dos escenarios, resolver probas… Algunhas probas dentro da aventura sumarán puntos extra. Con isto garántese a realización do evento, debido a restricións COVID19, dado o seu carácter “non presencial”.

Descarga máis información

Cando se celebrará?

RED REMA - Ola azul cielo

Datas

O Campionato celebrarase entre os meses de abril e xuño do 2021.

Os colexios galegos que previamente se apuntaron a participar nesta nova e divertida actividade disputarán a Fase Online (do 07 de abril ao 22 de xuño).

Premios e sorpresas para os gañadores agárdanvos. Non volo podedes perder!

Como me podo inscribir?

RED REMA - Ola azul cielo

Inscripción

Ata o 15 de marzo púidose realizar a preinscrición enviando un e-mail á seguinte dirección: rema360@redrema.eu, indicando no asunto “Campeonato Escape REMA 360” e facilitando o contacto da persoa responsable por parte do colexio. Actualmente, o prazo finalizou.

Posteriormente, realizarase un webinar con todos os colexios apuntados, onde se ampliará a información e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir.

Se desexan ampliar a información sobre o proxecto e sobre esta actividade poden facelo a través do correo rema360@redrema.eu.

Listado de centros inscritos