Seminarios

Día: 27 de novembro de 2020

Duración: 2h 45 min

Ponentes: Eduardo Rolland e Manuel Rey, xornalistas de GCiencia

Contidos:

  • 10:00 h – 10:15 h. Bloque 1: Presentación+GCiencia como experiencia de comunicación científica en Galicia
  • 10:15 h- 10:55 h. Bloque 2: Información vs divulgación científica: Comprender os xéneros xornalísticos. O perfil do xornalista. O encontro co xornalista.
  • 10.55 h. Descanso de 5 min
  • 11:00 h – 11:25 h. Bloque 3: Panorama de medios de comunicación en Galicia para ciencia e museos: prensa, radio, televisión e dixitais.
  • 11:25 h – 11:55 h. Bloque 4: Panorama en España de medios de comunicación en cultura científica
  • 11:55 h -12:00 h. Descanso de 5 min
  • 12:00 h – 12:45 h Bloque 5: A práctica da comunicación: ferramentas para unha rolda de prensa e nota de prensa-comunicado, a entrevista, redes sociais, material gráfico, a opinión como recurso de comunicación, xerar actualidade

Eduardo Rolland Etchevers. Xornalista, guionista e escritor. Traballou como redactor en Faro de Vigo (1991-2005) e como colaborador en La Voz de Galicia (2006-2020). Dirixe o portal GCiencia, que fundou no ano 2003 xunto ao tamén xornalista Pablo López. Gañou o Premio Nacional de Xornalismo ‘Fernández del Riego’ no 2005, o Premio Galicia de Xornalismo Científico no 2003 e o Premio de Xornalismo Johan Carballeira (2004). Ten publicado 12 libros, entre eles ‘Galicia en guerra’ (Xerais, 2005), ‘A cidade das ondas’ (Lunwerg, 2009), e ‘Galicia’ (National Geographic, 2014). No audiovisual dirixiu as longametraxes ‘Novo Vigo Vello’ (TVE, 2015), con Luis Tosar, e ‘A Arañeira’ (TVG, 2009), ademais de varias series documentais. Tamén é comisario de exposicións, como ‘Reconquista’ (Museo de Castrelos 2009) e Jules Verne (Museo Marco, 2018). É presidente da asociación cultural Sociedade Jules Verne de Vigo.

Manuel Rey Pan.Graduado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política pola USC. Desde 2016 é redactor en GCiencia. Entre 2010 e 2016, traballou en La Voz de Galicia e Radio Voz, nas delegacións de Carballo e A Coruña e na redacción dixital. No ano 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico que conceden a Real Academia Galega de Ciencias. É autor do libro ‘O mal sen cura da Costa da Morte’ (EdLibros, 2018).

Día: 11 de xuño de 2021

Duración: 3h

Ponentes: Xoel Vázquez Dios, CEO de Xoia Extending Reality

Contenidos:

  • 10:00 h. Apertura do acto e benvida a cargo da Presidenta da Rede REMA e Alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo
  • 10:10 h. Tecnoloxías aplicadas á museoloxía 4.0
  • 10:30 h. Que é a Realidade aumentada e como funciona?
  • 11:00 h. Casos de uso en exposicións, museos e centros de interpretación
  • 11:15 h. Pausa café
  • 11:45 h. Que é a Realidade virtual e como funciona?
  • 12:15 h. Casos de uso en exposicións, museos e centros de interpretación
  • 12:30 h. Experiencias interactivas complementarias. Casos de éxito
  • 12:50 h. Quenda de preguntas
  • 13:00 h. Fin do seminario