Aula do Mar

Que vou atopar alí?
RED REMA - Ola azul cielo

Situada entre os dous faros de Mera, a antiga casa dos fareiros acolle dende o 2005 o Centro de Interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.

A Aula do Mar, a través dun pequeno percorrido polas súas salas, busca dar a coñecer os valores naturais que atesoura este recuncho do Golfo Ártabro, declarado Monumento Natural (2000), Zona de Especial Conservación (ZEC) da “Rede Natura 2000” da Unión Europea (2004) e Zona Núcleo da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (2013). No seu interior tamén poderás atopar información sobre as artes de pesca tradicionais, o cultivo do mexillón ou a importancia das torres de enfilación de Mera, e demais sinais marítimas, nunha ría tan transitada como é a da Coruña.

Ademais poderás informarte sobre as rutas de sendeirismo sinalizadas pola contorna e recibir todo tipo de información da comarca, posto que tamén acolle un punto de información turística.

Permanece aberto de abril a decembro. Pódense solicitar visitas guiadas e ademais na tempada alta realízanse rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural.

Galería de fotos Aula do Mar
Datos de interese
RED REMA - Ola azul cielo

Aula do Mar

Rúa Celso Emilio Ferreiro, s/n
15177, Serantes – Oleiros, A Coruña
981618154 / 981631706
www.turismoleiros.org

Cómo chegar