NoticiasNoticias

Os GALP galegos realizan o primeiro seminario «Comunicación e divulgación científica» para poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo

By 21 Novembro, 2020 Decembro 7th, 2020 No Comments

O 27 de novembro ás 10:00 h celebrarase, baixo modalidade en liña, o primeiro  seminario para potenciar a comunicación e divulgación científica do patrimonio mariñeiro europeo.

O seminario estará impartido por Eduardo Rolland Etchevers, xornalista, guionista e  escritor, e Manuel Rey Pan, redactor en GCiencia.

Esta actividade enmárcase no proxecto Pasaporte REMA, iniciativa financiada polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) na que participan todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.

 

No marco do proxecto Pasaporte Rema celébrase o venres, 27 de novembro, ás 10:00 horas, un seminario de comunicación e divulgación científica que terá como obxectivo contribuír a poñer en valor o patrimonio atlántico europeo. Nesta actividade están convidados a participar todos os membros da Rede de Espazos con contido Museísitico Atlántico (Rede REMA), composta actualmente por 29 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias. Así como calquera outra institución que teña como obxecto poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo.

Esta iniciativa será o 27 de novembro e debido ás restricións da situación sanitaria realizarase a través do programa de videollamadas Zoom. Os encargados de impartilo serán os xornalistas Eduardo Rolland e Manuel Rey, de GCiencia, que explicarán o panorama da divulgación científica en Galicia e España a través de cinco bloques: o proxecto GCiencia, diferenzas entre información e divulgación científica, a situación dos medios de comunicación en Galicia para a ciencia e os museos, a situación dos medios a nivel estatal en cultura científica e o peche será un apartado no que se ofrecerán consellos para a práctica da comunicación, que inclúe como organizar unha rolda de prensa, a redacción dunha nota para os medios, xestionar as redes sociais ou mesmo como xerar contidos de actualidade.

As institucións interesadas poderán inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: info@redrema.eu

 

PASAPORTE REMA

Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.