Noticias

Océano Surf Museo continua a singradura de Pantoque vía 2/ Surfin’ Valdoviño, unha exposición sobre a vida nun estaleiro

By 26 Novembro, 2020 Decembro 7th, 2020 No Comments

O 01 de decembro o Museo inaugura unha exposición temporal, multidisciplinar e de esencia marítima.

Na inauguración da mostra, o artista Ramón Trigo, realizará en vivo un mural para o Océano Surf Museo.

O proxecto Pasaporte REMA é unha iniciativa financiada polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) na que participan todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.

Segunda de 8 exposicións de carácter temporal que se realizarán con cargo ao proxecto Pasaporte Rema e que percorrerán cada un dos territorios dous GALP Galegos.

 

Océano de Surf Museo presenta o martes, 1 de decembro, ás 19:30 horas, unha exposición que, a través de disciplinas como o debuxo, a escultura, a fotografía ou o vídeo, percorre o traballo realizado nun estaleiro. Trátase da mostra Pantoque vía 2/ Surfin’ Valdoviño, unha obra do artista plástico Ramón Trigo e do fotógrafo Eduardo Armada.

Este proxecto creativo e de investigación realizouse no interior das instalacións dos Estaleiros Armada de Vigo (Pontevedra). Durante un ano os artistas conviviron cos traballadores para poder plasmar a actividade da súa día a día, pero tamén para reflectir o espazo arquitectónico do estaleiro.

Tras unha presentación inicial no propio estaleiro, Pantoque comeza unha nova singradura pola costa atlántica galega. Agora a exposición chega á localidade coruñesa de Valdoviño da man da Rede de Museos Atlánticos, REMA e do propio Concello.

Durante o acto de inauguración, ao que só poderán asistir persoas con invitación, o artista Ramón Trigo realizará en vivo un mural para o Océano de Surf Museo.

 

PASAPORTE REMA

Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.

 

Novos contidos culturais

No marco do proxecto deseñaranse novos contidos culturais incluídos dentro da Rede REMA e difundiranse a través de seminarios e exposicións itinerantes. Estes eventos percorrerán os espazos museísticos de todos os GALP galegos. Ademais, os contidos integraranse en canles e actividades dixitais que terán como fío condutor aos membros que conforman a Rede REMA.

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.