NoticiasNoticias

Visita ao Museo Renda de Bilros, Peniche (Portugal)

By 18 Novembro, 2022 Novembro 21st, 2022 No Comments
  • O mércores 16, representantes dos GALP de Galicia e dos espazos museísticos que conforman a Rede REMA visitaron o Museu Renda de Bilros, con motivo da inauguración da exposición “O Océano que nos une”

 18 de noviembre de 2022.

Dentro da inauguración da exposición itinerante “O Océano que nos une” na localidade portuguesa de Peniche, representantes dos Grupos de Acción Local Pesqueira de Galicia e varios dos espazos museísticos que integran a rede Rema visitaron o Museu Renda de Bilros de Peniche. Da man de Raquel Janeirinho, da Câmara Municipal de Peniche, puideron descubrir unha das actividades máis características desta localidade, o encaixe de bolillos, sinal de identidade cultural desta rexión. Ao redor das distintas salas atópanse pezas únicas, así como un repaso da historia desta arte ao longo dos anos. Os motivos das “rendas” amosan na maioría dos casos elementos mariños como barcos, peixes, ondas… xa que a orixe desta arte en Peniche vai ligada as mulleres dos pescadores.

 

 

 

 

 

 

Ademáis do propio museo, todos os anos organizase a “Mostra Internacional de Renda de Bilros”, co obxetivo de abrir ao mundo o traballo das “mulheres rendilheiras” de Peniche, sendo espazo de intercambio de experiencias. Sen dúbida este é un elemento máis de unión do espazo atlántico entre Galicia e Portugal, con estreitos lazos entre esta comunidade e a de Camariñas.

Rede REMA

Web: www.redrema.eu

Correo electrónico: info@redrema.eu

 

 

 

 

 

 

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.